O pasado venres día 3 de decembro todo o alumnado de 4º fumos de excursión a Celeiro. Vimos a Lonxa e a Cofradía de Pescadores.
Ensináronos moitas cousas e aprendimos un montón.
Tamén nos deron uns agasallos. Que ben se portaron connosco!!!

Primeiro déronnos unha explicación do funcionamento.
Despois ensináronnos algúns peixes e tiñamos que adiviñar que eran.
O que máis nos gustou foi o "Viveros de Mariscos". Poidemos telos nas mans. Que gozada!!
Por último fomos á Cofradía de Pescadores. Alí explicáronnos que facían e nos ensináronnos aparellos de pesca.
Estivemos no salón de actos, alí recibíronnos e entregáronnos uns agasallos.Foi unha experiencia xenial. Grazas a todos pola vosa paciencia.