Como cada ano no mes de novembro celebramos o Magosto. Preparamos unhas cestitas e unha cinta para a cabeza na clase de Plástica.
Primeiro fumos ao cole dos pequenos a tocar unha canción e os nenos e nenas de 1º cantábana. Eles e elas son os nosos afillados e afilladas. Pena do COVID que non puidemos estar con eles xogando e coñecelos mellor.