martes, 7 de diciembre de 2021

O Magosto

 Como cada ano no mes de novembro celebramos o Magosto. Preparamos unhas cestitas e unha cinta para a cabeza na clase de Plástica. 

Primeiro fumos ao cole dos pequenos a tocar unha canción e os nenos e nenas de 1º cantábana. Eles e elas son os nosos afillados e afilladas.  Pena do COVID que non puidemos estar con eles xogando e coñecelos mellor. 



 

 

 

 

 

 


Pasámolo moi ben no patio comendo as castañas de seguido xogamos á "xogos tradicionais". 



















25 DE NOVEMBRO DÍA DA NON VIOLENCIA

Para conmemorar o Día da Non Violencia na clase fixemos uns debuxos para logo facer unha chapa. Quedaron todas superchulas. Mirade!!

 







 

CREACTIVITY

 

Creactivity é o taller educativo da Obra Social “la Caixa” que da resposta a súa proposta de aprendizaxe creativo, inspirado no movemento tinkering.

EduCaixa puxo a disposición do noso centro este novo espazo para desenvolver as competencias científicas-tecnolóxicas a través de retos centrados na manipulación e montaxe de materiais comúns. Un espazo onde inventar, innovar, experimentar, crear..., co obxectivo claro de aprender.

O cole aproveitou a oferta e os nenos e nenas desfrutaron moito e aprenderon. 

A nosa clase non ía ser menos e alí estivemos. Mirade que ben o pasamos!

 

Primeiro escoitamos o que nos explicou o monitor do que íamos facer.

Despois xogamos.




















SAMAÍN

 Para celebrar o Samaín adornamos a porta da clase. 

Moitas grazas a todas as familias que fixestes cos vosos fillos e fillas as casas para adornar. 

Quedaron todas moi chulas. Eles e elas tamén traballaron na clase para complementala.

Grazas pitufos e pitufas.





VOLVEMOS!!



 Ola familias, aquí estamos de novo. 

Volvemos con moita ilusión. Espero ter un tempiño  para ir publicando cousas.

Este blog é para amosaros o que van facendo os vosos fillos e fillas ao  longo do curso; en que actividades participan, en que proxectos estamos traballando....

Ide de vez en cando entrando para ver as novas publicacións e sobre todo fotos actualizadas.