domingo, 20 de febrero de 2022

EXCURSIÓN Á CORUÑA.

 Os 3 cursos de 4º fomos de excursión á Coruña o 8 de febreiro. Visitamos o planetario. A todos os nenos e nenas lles encantou; estiveron moi atentos.

Logo visitamos os tres andeis que alí hai. Estivemos investigando con diferentes xogos. Foi moi divertido. Aquí tedes algunha foto.

 










 










Despois do Planetario fomos xantar a un parque moi chulo que había alí ao lado.

Xa tiñamos fame, non merendaramos a media mañá!



Despois xogamos un rato e fomos á Casa dos Peixes. Moito aprendimos!!!

 















No planetario fixemos un debuxo, cunha técnica especial. 




 







E  como remate a foto do grupo. 

Se che apretece ver máis fotos clica no seguinte enlace.

Excursión á Coruña

 
 Chegamos a Viveiro moi cansados  e moi tarde. Pero mereceu a pena.



CARREIRA SOLIDARIA 2.021-2.022

 Un ano máis puidemos celebrar a carreira solidaria no cole. Por mor da Covid so poidemos participar por cursos. Vimos a carreira do nosos compañeros de 4º A e  4º C.

Aínda así pasámolo moi ben. 




Puxemos ás nosas palabras da Paz: Familia e Paz





Se che apetece ver máis fotos clica no enlace seguinte.

 Carreira Solidaria

 
Que ben o pasamos! Noraboa campións e campioas!!


lunes, 31 de enero de 2022

Entrega de premios na Biblioteca Municipal.

 O sábado 29 de xaneiro asistimos na Biblioteca Municipal á entrega de premios do certame de Poesía Infantil "Nadal 2.021".

Participaron 12 nenos e nenas da nosa clase, foi un traballo voluntario pero que deu un moi bo resultado. En dito certame resultaron premiadas as poesías de  Blanca Loureiro e dous acesit de Ines Mariño e Nereida Pereira.

Estou moi contenta coa participación de todos e todas e noraboa ás rapazas gañadoras, temos na clase unhas boas poetisas.




 Grazas às familias pola súa colaboración.

 

 

 

viernes, 21 de enero de 2022

ACTUACIÓN DO NADAL

 Os alumnos de 4º B fomos actuar á aula grande para os alumnos de 6º C,  eles actuaron tamén para nós. Foi moi bonito. Todos o fixemos moi ben!



 

Aquí estamos preparados para comezar.

 

 

 


 Eles tamén o fixeron ben. Utilizaban o seu corpo para facer música.



 Noraboa rapaces e rapazas!